1 ene. 2011

Petroglifos de Cotorredondo

Datas:
Punto de encontro: Lago Castiñeiras, 22:00 h.
Prezo: 15€ (pago anticipado por banco); 18€ (contado mesmo día da actividade)

Necesaria inscrición previa e agardar confirmación de prazas.

O Parque da Natureza de Cotorredondo agacha aínda secretos por descubrir. A noite revela outro espazo diferente, con outros protagonistas que se fan presentes en canto se oculta o Sol.
Conxuntos de petroglifos casi descoñecidos envoltos co sorprendente sonido da natureza nocturna, que reconquista cada noite un lugar aínda menos domesticado do que aparenta durante o día.