O Grupo Simbiose é un proxecto conxunto de Ventos Estudos Ambientais, Teixugo Sociedade Cooperativa e O Pisco Xardinería Ecolóxica. Optamos pola unión e a cooperación, defendendo ser competentes antes que a competitividade.

Temos unha longa traxectoria de traballo no eido do Medio Ambiente e queremos poñer a súa disposición o noso coñecemento da natureza e do patrimonio galego. Aspiramos a transmitirlle a fascinación que sentimos pola fauna, a flora, o patrimonio etnográfico e o arqueolóxico.

Nesta páxina atopará unha completa oferta de rutas tanto para grandes colectivos como para pequenos grupos. Pode apuntarse as xa organizadas ou elixir a que máis se axuste as súas necesidades.

Adaptamos os nosos proxectos a cada colectivo destinatario, personalizando cada proposta a medida das necesidades de cada cliente.

Invitámoslle a coñecernos, solicite información sen compromiso.

• Turismo de natureza

• Deseño e organización de actividades ambientais para entidades e colectivos

• Interpretación do Patrimonio

• Sendeirismo

• Roteiros ambientais

• Educación Ambiental

.

.
No hay publicaciones.
No hay publicaciones.