Datas:
- 27-8-2011 - Saída do autobús do Pazo da Cultura de Pontevedra 9:00, parada en Vigo, Reitorado (c/Areal), 9:30. Regreso no autobús aos mesmos puntos de saída
Duración: 3-4 horas
Dificultade: media-baixa
Dificultade: media-baixa
Prezo: 15€ (pago anticipado por banco); 20€ (contado mesmo día da actividade)
Necesaria inscrición previa e agardar confirmación de prazas.
Hai montañas que son máis que montañas.
O Galiñeiro ten tanto de montaña como de símbolo. Permanente referente da paisaxe do sur da provincia, escola de todos os deportes relacionados con a natureza, refuxio de flora e fauna únicas e tamén asentamento dun rico patrimonio histórico.
Por máis veces que o visitemos, nunca se chega a coñecer de todo ese monte e a súa serra.