1 ene 2011

Monte Aloia

Datas:
Punto de saída: Vigo (consultar outras opcións)
Prezo: 15€ (pago anticipado por banco); 20€ (contado mesmo día da actividade).

Necesaria inscrición previa e agardar confirmación de praza.
Inscricións

Un outeiro tan privilexiado non podía pasar desapercibido para os nosos antergos. 
Camiñando polo Parque Natural do Monte Aloia o seu entorno nos fala tamén dunha historia sobre a humanidade e a natureza e as súas relacións a través do tempo. Coñeceremos outros bosques posibles dentro do gran espazo forestal, os últimos vestixios dunha cultura tan íntimamente unida coa terra que parece que ambas sempre estiveron alí: A pegada aínda presente da historia.