1 ene 2011

Muíños do Folón e O Picón

Datas

  • 20-8-2011 - Saída do autobús do Pazo da Cultura de Pontevedra 9:00, parada en Vigo, Reitorado (c/Areal), 9:30. Regreso no autobús aos mesmos puntos de saída

Duración: 3-4 horas
Dificultade: baixa
Prezo: 15€ (pago anticipado por banco); 20€ (contado mesmo día da actividade)

Necesaria inscrición previa e agardar confirmación de praza.
Inscricións

Inxeniosas estructuras perfectamente integradas no seu entorno natural para aproveitar a forza da auga dun xeito respectuoso. Memoria viva de cando a tecnoloxía todavía tiña unha escala humana. Cursos de auga e tamén fonte dunha cultura popular casi desaparecida e que hoxe volvemos a recuperar.