1 ene. 2011

Senda costeira de O Grove

Datas:
  • 13-8-2011 - Saída do aparcadoiro do acuario de O Grove, as 10:00 (desprazamentos ate o punto de saída por conta de cada persoa). Fin da ruta no mesmo punto.
Duración: 3-4 horas
Dificultade: baixa
Prezo: 15€ (pago anticipado por banco); 18€ (no mesmo dia da actividade)

Necesario facer a inscrición previa e agardar confirmación de praza.
Inscricións

Unha mostra da máis produtiva das rías galegas, un auténtico viveiro natural e unha depuradora biolóxica dos océanos.
Que centenares de milleiros de aves escollan cada ano este lugar como zona de refuxio, cría e alimentación precede a outras migracións, as humanas, non sempre tan amables, pero impulsadas por ese mismo sentimento de sentirse acollidos no centro dun entorno natural que nos brinda, sobre todo, valores que non teñen prezo.