13 dic 2013

A Pé de Campo e de Mar: roteiros 2013


Descubrindo os segredos das Rías Baixas:
roteiros de sendeirismo na provincia de Pontevedra

Dende SIMBIOSE propoñémoste descubrir unha selección dos segredos naturais das Rías Baixas e as pegadas dos seus habitantes. En cada unha de estas propostas descubrirémoste os agochados petroglifos en roteiros nocturnos, as pegadas do lobo e a súa relación co home, un castro que se converteu en centro de culto romano, algúns dos mellores lugares para ver aves de Galicia…

Podes consultar nesta ligazón o Programa das Rutas.
Descarga o cartel aquí e o folleto aquí.
O calendario e prezos pódense consultar máis abaixo. 

Só tes que chamarnos ou mandarnos un correo electrónico para contratalas.
686 443 309
986 264 193
607 351 501

Todos os roteiros teñen unha dificultade baixa e son realizados por un guía intérprete experimentado. Somos guías autorizados para o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Nas rutas inclúense actividades complementarias (observación de fauna, identificación de pegadas e sinais, nocións de patrimonio hitórico e etnográfico...). 

As rutas fanse tamén a demanda dos usuarios.

A hora de saída será as 10.30 salvo as nocturnas. 

TARIFAS:
O prezo das rutas terrestres é a seguinte:
- 12-99 anos 15 €
- 6-11 anos 10 € (sempre acompañados por adultos)
- 0-6 años 0€
  
O prezo das rutas en barco indícanse no calendario.

Ruta nocturna ou crepuscular
Ruta en barco
Ruta de interese para ver aves


DECEMBRO
[Domingo, 15] RÍO XABRIÑA: A cultura tradicional e a sustentabilidade na natureza
[Domingo, 22] MONTE DE O FACHO-COSTA DA VELA: Paisaxes admirados por fenicios e romanos
[Domingo, 29] OBSERVANDO AVES NO GROVE: un dos mellores sitios para ver aves do norte peninsular