5 mar 2013

Rutas en barco no PNMT Illas Atlánticas de Galicia



Embárcate nunha experiencia única
 

Saídas na goleta Nauja gozando dunha experiencia de navegación combinada a vela e motor acompañados por un guía que nos irá descubrindo as marabillas do mar e da costa: golfiños, pardelas, mascatos, dunas, estrelas...

Propómoste 4 actividades a elixir:

- Illas Cíes / Illa de Ons
Visitamos o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia achegándonos ás costas das illas e coñecendo a fauna que as habita: golfiños, corvos mariños, pardelas, mascatos...

Desembarcaremos para facer rutas de sendeirismo con guías autorizados e comer nas illas, para volver rumbo a terra a media tarde.

Unha oportunidade única para sentir o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

- As estrelas do mar (semi-nocturna)
Nesta singradura afastarémonos da costa escapando da contaminación lumínica.

Gozaremos dun espectáculo único no firmamento e cun pouco de sorte tamén na auga.
Viches algunha vez a ardora? Un fenómeno de bioluminiscencia que ilumina o mar. Más información AQUÍ

- Ría de Vigo: piratas en escabeche
Nesta tranquila ruta polo interior da ría de Vigo achegarémonos á historia e ao presente presente de esta ría.
Esta ruta é ideal para escolares, asociacións...


Máis rutas en A pé de campo e de mar: rutas 2013
GRUPOS: solicítanos data e orzamento 

Información e inscricións:
986 264 193 / 607 351 501 / 665 471 192
simbiose.medio.ambiente@gmail.com


Programa proposto:

Illas Cíes
Saída Náutico de Vigo ás 10:00
Ata ás 11:30 navegación pola illa de San Martiño (Sur)
Ás 12:00 desembarco en Rodas e ruta guiada.
14:00 comida (por conta de cada un) e tempo libre
15:30 actividade ou ruta

17:00 embarque. Dependendo do estado da mar, si esta bo navegación arredor das illas norte e medio. Do contrario farase a volta costeando por Barra e Nerga
Saída para Vigo 18:30
Chegada sobre 20:00 (depende do mar)


Ons:
Saída Náutico de Vigo ás 10:00
Navegación ata as 12:00 pasando pola Costa da Vela.
Ruta interpretativa pola illa
14:00 comida (por conta de cada un) e tempo libre
15:30 actividade ou ruta
17:00 embarque.
Chegada sobre as 20:00

No hay comentarios:

Publicar un comentario